Carpeta cidadá

trámites como acceder

TRÁMITES QUE PODERÁ REALIZAR

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

  • Solicitude de paso e parada de vehículos no casco histórico

PADRÓN DE HABITANTES

  • Certificado de empadroamento / residencia
  • Certificado de convivencia

DEPORTES

  • Reserva de instalacións deportivas municipais

CONTACTO CO CONCELLO

  • Queixas e suxestións

NOTIFICACIÓNS

  • Xestión da notificación de trámites e alertas vía email

SERVIZOS ECONÓMICOS

  • Consulta de recibos e liquidacións
  • Pago en liña de recibos e liquidacións e modalidade 3 de autoliquidacións
  • Impresión de documentos de pago
  • Solicitude de novos períodos de pago de recibos fóra de prazo
  • Domiciliación de recibos
  • Adscrición ao sistema especial de pago do IBI
  • Cambio de enderezo de notificación de impostos
  • Certificados tributarios de débedas
  • Certificados tributarios de titularidade
  • Certificados tributarios de beneficios fiscais
  • Autoliquidación de vehículos (colaboradores sociais)
  • Autoliquidación de plusvalías
  • Autoliquidación de taxas e impostos de construción
  • Autoliquidación da taxa por matrimonio
  • Autoliquidación de planos
  • Autoliquidación de certificados
  • Autoliquidación de copias
  • Autoliquidación de encadernacións
  • Autoliquidación de informes da policía
  • Autoliquidación de informes do mercado de gando
  • Autoliquidación de informes urbanísticos
  • Autoliquidación de taxas de exame
  • Autoliquidación de tarxetas

FORMAS DE ACCESO

Mediante PIN (usuario e contrasinal)

Para solicitar o usuario e contrasinal deberá presentarse na Oficina municipal de atención ao cidadán do Concello (rúa Presidente Salvador Allende, 4-baixo), coa documentación necesaria. Pulse aquí para obter máis información.

O persoal municipal tramitará a alta e expedirá o seu identificador e contrasinal. Asinada a recepción dos datos de identificación, xa poderá conectarse.

Mediante DNI electrónico

Deberá dispor dun DNI electrónico, un lector instalado no seu equipo e o software da DGP para o acceso ó DNI electrónico. Pulse aquí para obter máis información.

Mediante certificado dixital

Deberá dispor dun certificado dixital instalado no seu navegador. Pulse aquí para obter máis información.


Para calquera dúbida pode dirixirse á Oficina Municipal de Atención á cidadanía (Teléfono: 981 543 128, Fax: 981 543 129)

acceso ao sistema

con PIN
con DNI electrónico ou certificado dixital

Acceso á Carpeta Cidadá empregando o PIN (usuario e contrasinal)

Cómo pode acadar o identificador se é particular:

Deberá presentarse na Oficina municipal de atención ao cidadán do Concello de Santiago de Compostela (rúa Presidente Salvador Allende, 4-baixo), coa seguinte documentación:

  • DNI (orixinal e copia) do particular.

No caso de actuar en representación deberá achegar:

  • Autorización escrita ou poder do interesado para actuar no seu nome e representación.
  • Fotocopia dos documentos de identidade do representante e o solicitante.

O persoal municipal tramitará a alta e expedirá o seu identificador e contrasinal. Asinada a recepción dos datos de identificación, xa poderá conectarse.

Cómo pode acadar o identificador se é persoa xurídica:

Deberá presentarse na Oficina municipal de atención ao cidadán do Concello de Santiago de Compostela (rúa Presidente Salvador Allende, 4-baixo), coa seguinte documentación:

  • CIF da persoa xurídica (orixinal e copia).
  • Fotocopia da escritura de constitución da sociedade.
  • Documento que acredite a capacidade para actuar en representación da empresa.
  • DNI (orixinal e copia) do representante da empresa

Cómo pode acadar o identificador se é colaborador social:

Deberá presentarse na Oficina municipal de atención ao cidadán do Concello de Santiago de Compostela (rúa Presidente Salvador Allende, 4-baixo), coa seguinte documentación:

  • DNI/NIF (orixinal e copia) da persoa adherida ao convenio de colaboración social.
  • Declaración de alta de datos fiscais.
  • Documento orixinal de adhesión ao Convenio de colaboración social╣.
  • No caso de actuar en representación deberá achegar autorización escrita ou poder do interesado para actuar no seu nome e representación e fotocopia dos documentos de identidade do representante e o solicitante.

O persoal municipal tramitará a alta e expedirá o seu identificador e contrasinal. Asinada a recepción dos datos de identificación, xa poderá conectarse.

 

╣ Convenio de colaboración social é o asinado entre o Concello de Santiago de Compostela e o Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, do 23 de xullo de 2007.

Acceso á Carpeta Cidadá empregando o DNI electrónico

Para a utilización do DNI electrónico é necesario contar con determinados elementos hardware e software que nos permitan ó acceso ao chip da tarxeta e, polo tanto, a utilización dos certificados contidos nel. Verifique que se cumpren os seguintes REQUERIMENTOS:

  • Sistemas operativos e navegadores soportados:
      Firefox * Chrome Internet Explorer
    con Chrome Frame
    Opera Safari
    Windows XP X Non dispoñible
    Windows 7 X Non dispoñible
    Linux/Unix X Non dispoñible X Non dispoñible
    Mac OSX X Non dispoñible X X


    (*) Para o acceso con DNI electrónico con Firefox 12 ou versións superiores comprobe que teña o valor True na opción security.ssl.allow_unrestricted_renego_everywhere__temporarily_available_pref nas preferencias avanzadas do navegador ás que se accede escribindo about:config na barra de direccións.


  • Lector de tarxetas intelixentes que cumpra o estándar ISO 7816. Existen distintas implementacións, ben integrados no teclado, ben externos (conectados vía USB) o ben a través dunha interfaz PCMCIA.
  • Drivers do lector de tarxetas intelixentes. Para o correcto funcionamento do lector de tarxetas intelixentes é necesaria a instalación dos drivers do mesmo. Debido á gran cantidade de lectores distintos existentes cada fabricante adxunta estes drivers co propio lector, ben nun cd dentro da propia caixa ou ben dende a web da empresa.
  • Software de acceso ao DNI electrónico. Para poder interaccionar adecuadamente coas tarxetas criptográficas en xeral e co DNI electrónico en particular, o equipo debe de ter instaladas unhas "pezas" de software que se poderán descargar da web oficial do DNI electrónico. Para proceder a súa instalación é necesario seleccionar o sistema operativo correspondente e seguir os pasos que alí se indican.

Pasos para acceder co seu DNIe:

  • Introduza o seu dni no lector de tarxetas.
  • Pulse o botón Entrar da sección “a través do dni electrónico”.
  • A continuación pídese que introduza a contrasinal do DNI electrónico para proceder á validación do mesmo.
  • Aparecerá unha ventá cos certificados dixitais que estean instalados no navegador ademais dos que se inclúen no DNI electrónico. Debe seleccionar o certificado de autenticación do DNI electrónico. Este certificado estará identificado por un texto como o seguinte: PRIMEIRO_APELIDO SEGUNDO_APELIDO, NOME (AUTENTICACIÓN).
  • Algúns navegadores requerirán que introduza a contrasinal do DNI electrónico de novo.
  • Para rematar o sistema validará o DNI electrónico e en caso correcto permitirá o seu acceso á Carpeta Cidadá.

Acceso á Carpeta Cidadá empregando un certificado dixital

Para a utilización do certificado dixital verifique que se cumpren os seguintes REQUERIMENTOS:

  • Sistemas operativos e navegadores soportados:
      Firefox * Chrome Internet Explorer
    con Chrome Frame
    Opera Safari
    Windows XP X Non dispoñible
    Windows 7 X Non dispoñible
    Linux/Unix Non dispoñible X Non dispoñible
    Mac OSX Non dispoñible X


    (*) Para o acceso con certificado dixital con Firefox 12 ou versións superiores comprobe que teña o valor True na opción security.ssl.allow_unrestricted_renego_everywhere__temporarily_available_pref nas preferencias avanzadas do navegador ás que se accede escribindo about:config na barra de direccións.


  • Certificados admitidos para o acceso con certificado dixital

    Para acceder á Carpeta Cidadá con certificado dixital deberá ter instalado no seu navegador un certificado autorizado por unha das seguintes autoridades de certificación:

    FNMT-CERES (Fábrica Nacional de Moneda y Timbre) AC Camerfirma

O seu navegador non é compatible

Vostede está empregando que non é compatible con esta páxina web. Debe actualizar a unha versión posterior ou ben instalar outro navegador.

 

ChromeFirefox

OperaSafari

santiagodecompostela.org
servizo de informática